Monday 29 de April de 2024

Centos de persoas participaron na VII Festa da Filloa e Cachucha de Abellá


Centos de persoas, tanto de Frades como do resto da contorna, achegáronse durante a xornada de onte domingo polo pavillón polideportivo de Abellá, onde tivo lugar a sétima edición da Festa da Filloa e da Cachucha, organizada pola asociación de veciños Os Labregos de Abellá en colaboración co Concello de Frades. Unha festa que este ano contou como novidade coa presenza do filloeiro grande de Lestedo, que non deixou de facer filloas durante toda a xornada. O grupo folclórico ordense Embruxo Gaiteiros puxo a música durante a xornada da mañá, que deu paso á verbena coa orquestra Metrópolis.